
DJ SCHULZ
DJ SCHULZ
As sesións de música de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 contará tamén con DJ Schulz. Nos seus sets inclúese un amplo abano de xéneros musicais (Indie, Pop, Rock, Electrónica, Nu Wave, Nu Rave…), así como os xéneros musicais máis bailables e divertidos.
A súa traxectoria comeza en dous pequenos pubs do pobo onde veraneaba. Xa na Coruña xorde a oportunidade de ser o DJ do Milk Pub.
Tras picar en 2009 na Cara B, a carreira de DJ Schulz despegou en 2010 ao pasar por locais de tendencia Indie. Entre eles, atópanse 14! Club, a Sala Nordic (Praia Club) e Blend Music Club, compartindo escenario con destacados artistas como EME DJ, Mr Mitsuhirato ou Hal900 DJ.
En 2014 pica no Festival do Norte (Santiago) e nas festas post concerto de Crystal Fighters no Kunsthalle e de Delafe, As Flores Azuis e Love of Lesbian no Praia Club (A Coruña). En 2015, ten a oportunidade de abrir LAPSO Music Experience en Santiago. No verán dese mesmo ano, únese ao colectivo The Atlantic Side, xunto a outros grandes DJs galegos. Xa en 2016 pecha a xornada do sábado no Atlantic Fest e a edición do Sereas & Piradas en agosto. Desde outubro de 2017 é DJ residente na Sala Inn Club.
Un consagrado artista que enriquece o cartel de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. Animámoste a velo en vivo e en directo o día 16 de xuño.