
DJ Maefield
Maefield é o alias artístico de Javier Otero, produtor e picadiscos que durante a última década frecuentou diversas cabinas da xeografía galega, o que lle ha outorgou unha psicoloxía de pista capaz de enfrontarse a calquera club, desde o máis urbano ao máis tecnófilo.
Guitarrista e instrumentista rítmico autodidacta desde a adolescencia, comeza a traballar nos pratos cara a 2012 na súa localidade natal (Vilagarcía de Arousa), tras anos cultivando esa paixón. Despois de visitar distintas salas, eventos e localidades de Galicia, dá o salto á autoproducción, dando a luz as súas «Remix Series», nas que remestura desde o soul dos 60 ata o indie actual máis electrónico.
Cara ao 2018, os seus edits chaman a atención de selos nacionais como o valenciano theBasement, o seu sub-label Miura e o barcelonés Sound Society Records, cos que publica diversos EPs enfocados no soulful house, o son Chicago e o new disco.
Tras a pandemia, aposta de forma decidida por un son fresco e profundo, escuro e luminoso, a medio camiño entre o orgánico e o tecnolóxico, palpable nas súas recentes remesturas oficiais para artistas como Xackal e Osoazul, e que se consagrará nos EPs que publicará ao longo de 2022 xa dentro da familia DISCTRL.
Actualmente é un dos residentes nas cabinas de Sala Karma, la Sala Cofradía Cultural de Vilanova de Arousa e os locais vilagarciáns Miúdo e Flexi. Tamén adoita visitar outras salas como Sonar e Riquela, en Santiago de Compostela.
