Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

ESPINO

Recurso 31 DJ ESPIÑO

Recurso 34

Alfonso Espiño Louro (Santiago de Compostela, 1976), foi un neno moi bailón e cantarín nas décadas dos 70 e 80… Tanto, que axiña formou grupos como Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit ou Los Chavales, comezando en 2016 a súa andaina musical en solitario co nome de Espiño.

Ten discos publicados con todas estas formacións, e, ademais,
compaxina as actividades de composición e intérprete coas de conferenciante e picadiscos, faceta que leva exercendo décadas en clubes, pubs e festivais galegos, estatais e internacionais.

Espiño tamén é doutor en Historia da Arte (especialidade de Música), licenciado en Filoloxía Inglesa e realizou un Mestrado en Xestión Cultural pola Universidade de Santiago.

O libro ComPOPstela, música moderna en Santiago (1954-1978) é froito das súas investigacións. Espiño inaugurará en Go!Go!Zo! a segunda edición da sección Ritmos do Camiño, dentro do cal ofrecerá unha sesión musical dedicada a Italia. Esta cita terá lugar o sábado 3 de agosto.