Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

DjDaasanachGoGoZo

DJ Daasanach

DJ Daasanach

Entre os picadiscos que actuarán en Go!Go!Zo!  atópase DJ Daasanach. O alter ego de Jesús Rodríguez Pombo conta cunha ampla experiencia como picadiscos. Tras máis de dúas décadas de inclusións en diversos xéneros musicais e afeccionado dende hai uns anos ao surco dos cinco continentes, o seu ecléctico estilo oscila entre un afrobeat excéntrico, inspirado polo funk do oeste africano dos 70 e un jazz fusión caribeño, con influencias da cumbia e boogaloo.

No seu regreso a Go!Go!Zo! protagonizará a primeira das xornadas dos Ritmos no Camiño, o xoves 3 de agosto. Nela ofrecerá unha sesión dedicada á música de Portugal.