Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Dani Barreiro

Dani Barreiro & Friends

Dani Barreiro & Friends

Un espectáculo para todos os públicos e cun ecléctico repertorio. Dani Barreiro & Friends serán tamén protagonistas no escenario de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 durante este verán. Cunha media dun centenar de concertos por ano (dende eventos privados a grandes festivais), esta banda promete converter a súa actuación en toda unha festa irradiando felicidade.

O nome do grupo congrega a todas as persoas que están sobre o escenario e debaixo del. Seguen entendendo os seus concertos como “unha reunión de amigos que comparten e celebran a música”. Precisamente por elo, o seu amplo repertorio pode variar dende sesións temáticas (anos 80’s, anos 60’s, Pop español, etc.) ata actuacións nas que interpretan todo tipo de artistas nacionais e internacionais de distintas épocas.

En cada concerto, Dani Barreira rodéase de bos músicos, e mellores amigos. Entre eles atópase Miguel Eyré (baixo), Rubén Ruíz (guitarra eléctrica) ou Pepe Santamaría (batería). E, como non, ademais destes integrantes fixos, sempre cabe a posibilidade de que saian a escena algún que outro friend espontáneo ou un invitado sorpresa… Todo é posible.

Dani Barreiro & Friends actuará os días 10 e 12 de agosto ás 20.00 horas.