¿Buscas plans diferentes para este verán? En Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 temos a solución para ti! A nosa ampla programación permitirache organizar desde xornadas en familia ata tardes-noites en parella ou con amigos. Neste post ofrecémosche unhas claves para gozar dos meses de xullo, agosto e setembro con propostas diferentes e aptas para todos os da casa.
Esquécete do coche e achégate a Monte do Gozo para pasar un verán diferente. Contamos cunha contorna natural inigualable, un amplo espazo cheo de todo tipo de servizos. E o que é máis importante, non pagarás nada por gozar de todas estas propostas, xa que a nosa programación é gratuíta. Si, si! Liches ben… Gratis!
- Desfruta do ocio en familia
Se queres ofrecer actividades de verán divertidas para os teus fillos e gozar de amenas tardes en familia, deixa reservados na túa axenda os martes e xoves de agosto e da primeira quincena de setembro. Desde Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 organizamos unha programación específica para os máis pequenos da casa.
Sesións de teatro e marionetas, pallasos, xogos variados e ata festas da escuma centrarán gran parte da oferta infantil. Desde La Gramola ultiman todos os preparativos para que os máis cativos gocen de tardes inesquecibles. E mesmo poderán combinar estas actividades cun divertido anaco no parque que se pode atopar na praza de Monte do Gozo. Seguro que lles encantará baixar polo tobogán infantil máis alto de Galicia.
E mentres eles o pasan en grande con estas iniciativas, vós poderedes gozar dunha bebida fresca nunha estupenda cervexaría. Mesmo, se vos apetece, podédesvos tomar unha tapiña. Todo iso no mesmo espazo, sen complicacións!
- Noites diferentes con sesións DJs
Se queres facer plans cos teus amigos, as noites en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 ofreceranche varias posibilidades. Entre elas, numerosas sesións DJ, coas que poderás gozar de distintos tipos de estilos musicais da man de reputados tocadiscos.
A nosa programación inclúe ata sete DJs que, seguro, non te deixarán indiferente. Con Rapariga DJ realizarás un repaso aos grandes clásicos -desde soul, rock, punk…-, aderezado coa música disco e electro. DJ Schulz ofrecerache estilos Indie, Pop, Rock, Electrónica, Nu Wave, Nu Rave, así como outros ritmos máis bailables e divertidos.
As músicas do mundo repletas de xéneros como afrobeats, afropop, afrohouse e afrotrap, dabke árabe, funk brasileiro, reggaeton, kuduro, gqom ou amapiano chegarán da man de Saya Mohamed DJ. Mentres tanto, a procura incesante do groove mediante eclecticismo salvaxe, pero elegante atoparalo con Abelvision DJ.
E se prefires sesións musicais con éxitos variados e aptos para todos os gustos, La Gramola DJ é unha boa opción. Non busques máis. As túas tardes e noites de éxitos están en Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22.
- Concertos ó atardecer
Para os que sodes máis de música en directo, tamén temos a opción adecuada para vós. Os atardeceres de agosto e setembro encheranse de ritmos de autor en Monte do Gozo. E dúas das tardes de xullo poñerán en valor o bo facer da canteira musical galega.
Música independente, folk, jazz, electrónica e psicodelia pasará polo escenario de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. Na nosa programación estival, atoparás bandas consagradas como Moura, Allova, Oh! Ayatollah ou Amigos dos Músicos, e tamén con artistas recoñecidos como Alberto Montero ou Monquop.
Todo iso complementado polas sesións dos Combos da A Casa do Rock. Estas desenvolveranse as tardes do 20 e do 27 de xullo e poñerán sobre o escenario a valía dos futuros profesionais do panorama artístico da comunidade autónoma.
- Aproveita para bailar ó son cubano
Para os que preferides os ritmos cubanos, ofrecémosvos tamén a oportunidade de gozar dos atardeceres de música de raíz da man de Habana Café Son. Este trío de consagrados artistas poñerá en escena a súa firme aposta pola música tradicional cubana e fusión. Así, rescatan xéneros tan populares como o son, chachachá, bolero, guaracha ou danzón, entre outros.
Precisamente para completar esta actuación ofreceranse dúas exhibicións de baile. Estas correrán a cargo de dous centros formativos composteláns especializados en danza e baile. O primeiro deles será a Academia Sondanza, que mostrará o seu bo facer o domingo 15 de agosto, mentres que o día 22 farao o propio Colectivo Danzón, con Ray Isaac á fronte.
Tanto se che gusta ver este tipo de bailes coma se che apetece facerte coa pista, gozarás con estas propostas.
- Completa o teu plan en Son do Camiño- Perseidas
Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 complementará tamén a programación do Son do Camiño- Perseidas, un festival que terá lugar a escasos metros. Deste xeito, fará as veces de alternativo gratuíto a estas propostas.
Se queres completar a túa experiencia, aproveita a ocasión para durmir no albergue Benvido Monte do Gozo. Esqueceraste do coche e poderás descansar tranquilamente. Tes á túa disposición habitacións tanto privadas como compartidas.
A maiores, poderás solicitar -sempre e cando haxa dispoñibilidade- o servizo de late check-out. Deste xeito, aseguraraste o descanso sen estar pendente do reloxo. E se te esqueces de algo, na praza deste recinto atoparás distintos tipos de tendas onde poderás realizar compras de última hora.
Como podes ver, Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 será a túa alternativa de lecer de referencia para este verán. Plans para todos os gustos e idades que se desenvolverán nunha incrible contorna natural. Aproveita para gozar dun verán diferente connosco!