Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

CAMPAMENTO DE WEBCOMIC

SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 pensa tamén nas persoas amantes da banda deseñada. Por iso, organiza o Campamento de Webcomic. Esta formación inmersiva terá lugar entre os días 5 e 9 de setembro, en horario de 09.00 a 13.00 horas.

O curso está dirixido a maiores de 12 anos con interese na creación de cómics web. Tamén se inclúen artistas visuais e persoas lectoras de cómics.

O prezo deste curso é de 199 euros por persoa e as prazas son limitadas. O prazo de inscrición será do 18 de xullo ao 22 de agosto. A reserva poderala facer premento aquí e podes consultar máis información nesta ligazón.

Para participar neste campamento non é necesario ter coñecementos avanzados de debuxo. Precisas un portátil de entre 8 e 16 GB de RAM con Windows 10/8/7 ou Mac OS X 10.10 (ou superior), ou un iPad con Apple Pencil.

Neste campamento aprenderás todos os pasos necesarios para crear o teu propio webcomic. Para iso, trataranse conceptos básicos sobre debuxo de fondos e escenarios, cor dixital e como tratalo, ademais de detalles de deseño especificamente aplicados ao formato webtoon. Os pasos finais serán a exportación e a publicación en liña.

Neste proceso creativo, familiarizaraste co manexo de todas as ferramentas para crear un webcomic ou webtoon que, neste caso, estará centrado na temática do Camiño de Santiago. Para isto, aprenderás a manexar programas como Clip Studio Paint.

Co fin de facilitar a asistencia á formación, desde Go!Go!Zo! Xacobeo tamén ofrecemos ofertas especiais de aloxamento e pensión completa no complexo do Monte do Gozo.

Os prezos son os seguintes:

Flecha webcomic Réxime de AD (aloxamento e almorzo): 28 € por persoa e noite.

Flecha webcomic Réxime de PC (pensión completa: aloxamento, almorzo, comida e cena): 56 € por persoa e noite.

Flecha webcomic Só por comida: 14 € por persoa

Se queres máis información, podes consultala aquí ou escribirnos a contidos@gogozo.gal. Anímate a crear o teu propio webcomic con Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22!

X