Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

CAMPAMENTO DE PRODUCIÓN MUSICAL

'MÁIS MEZCLA'

Tes entre 16 e 30 anos? Gústanche as sesións DJ? Se a resposta é si, non perdas a oportunidade de formarte este verán con Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22! O noso Campamento de Produción Musical darache todas as ferramentas precisas para iniciar a túa andaina como picadiscos.

O campamento terá lugar entre os días 18 e 22 de xullo. O prezo de inscrición é de 199 euros por persoa e as prazas son limitadas. Formaliza a túa reserva do 23 de maio ao 4 de xullo nesta ligazón.

Nestas xornadas formativas coñecerás todas as ferramentas para crear os teus propios temas musicais dun xeito práctico e accesible. Urban, Trap, R&B e outras vertentes musicais contemporáneas formarán parte dos estilos que se utilizarán durante as sesións formativas.

As 3 primeiras xornadas centraranse no traballo cun DAW (software de edición de audio para a súa gravación e edición). Ademais, utilizaremos o programa gratuíto de edición Tracktion Waveform Free, realizando unha breve introdución ao funcionamento do sintetizador, tanto convencional como virtual (VSTs). Non te esquezas de traer o teu portátil!

Nas 2 xornadas restantes afondarase no mundo DJ, aprendendo a picar nas diferentes formas exitentes: pratos, CDJ’s e Tracktor.

E para que poidas amosar o aprendido, o alumnado terá a oportunidade de picar dous días dentro da programación do noso Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. As sesións terán lugar os días 23 e 29 de xullo. O broche perfecto a unha intensa semana de formación!

A maiores, se non te queres preocupar polos desprazamentos e procuras unha experiencia 100% inmersiva, aproveita as ofertas especiais de aloxamento e pensión completa que o complexo do Monte do Gozo ofrece ao alumnado deste campamento.

Os prezos son os seguintes:

Felcha produccion musical Réxime de AD (aloxamento e almorzo): 28 € por persoa e noite.

Felcha produccion musical Réxime de PC (pensión completa: aloxamento, almorzo, comida e cena): 56 € por persoa e noite.

Felcha produccion musical Só por comida: 14 € por persoa

Interésache ter máis información sobre o Campamento de Produción Musical? Consúltaa aquí ou escríbenos a contidos@gogozo.gal.