
Nanein DJ
Nanein DJ
(O Grove)
Nacido en O Grove hai xa algún tempo, é un veterano DJ habitual en bares e festivais de Galicia, Nanein (antes Nano Vinilo) defende unha residencia mensual no pub Riquela (Santiago). Outra cabina que visita na actualidade son o Sónar (tamén en Compostela) e pódeselle ver tamén pola zona do Grove en locales como Pataghillón, O Quinto Pino o el propio Náutico. Nesta nova etapa a música de baile é a grande protagonista, aínda que con continuos misiles popeiros.
Nu-Disco, French Touch, Tecno-pop ou House formarán parte do seu repertorio de ritmos nunha sesión que promete ser gamberrísima e do máis divertida. Nainen DJ estará en Go!Go!Zo! o vindeiro 8 de xullo.
