Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

CAMPAMENTO AUDIOVISUAL

'DELICIAS AMARGAS'

Que levante a man a quen lle guste o mundo do audiovisual! Desde Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 ofrecémosche a posibilidade de formarte neste eido a través do Campamento Audiovisual Delicias Amargas.

Ofrecémosche unha experiencia de convivencia formativa e creativa única entre os días 12 e 16 de setembro. O prezo da inscrición é de 250 euros por persoa e as prazas son limitadas. Formaliza a túa reserva premendo aquí.

Una iniciativa desenvolvida en colaboración coa escola Adestramento Actoral FT. Está dirixida a actrices e actores profesionais -que queiran afondar no manexo das ferramentas de traballo actoral e audiovisual- e non profesionais -que estean dando os seus primeiros pasos neste sector-.

Durante os 5 días aprenderás todas as fases dunha rodaxe profesional: escritura de guión, preprodución e rodaxe. Ademais, o traballo final do curso enfocarase á improvisación, redacción e gravación de escenas curtas que formarán parte do proxecto final.

Coas indicacións do profesorado, composto por profesionais de longa traxectoria no audiovisual galego, o alumnado poderá contar unha historia. Todas as escenas creadas pasarán a ser capítulos da recoñecida webserie Delicias Amargas. Un proxecto audiovisual que podes visionar en YouTube e que foi candidato aos premios Mestre Mateo 2022.

Ademais, o alumnado poderá aproveitar o prezo especial para aloxamento e pensión completa no complexo de Monte do Gozo. Todo a man e sen saír do mesmo recinto!

Os prezos para este campamento son os seguintes:

Réxime de AD (aloxamento e almorzo): 33 € por persoa e noite.

Réxime de PC (pensión completa: aloxamento, almorzo, comida e cena): 56 € por persoa e noite.

Só por comida: 14 € por persoa

Queres saber máis detalles sobre esta iniciativa formativa? Consulta toda a información nesta ligazón ou escríbenos a contidos@gogozo.gal.