Allova
Allova
O escenario de Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 acollerá tamén o 13 de agosto a actuación de Allova. Os seus directos destacan pola súa orixinal mestura de sons electrónicos e beats con sons acústicos dos instrumentos e a voz. A versatilidade da súa música permite a posibilidade de realizar concertos tanto en solitario como con outros músicos de gran traxectoria profesional.
Allova é un proxecto vangardista de música Indie/Pop-Electrónico con toques de Trip- Hop, creado entre Madrid e A Coruña. Está liderado por Alla Mikhaylova (cantante, pianista e compositora de orixe rusa). Segue apostando por traer o Triphop de finais dos 90 ao presente e, á vez, por explorar novos camiños, tomando un amplo abanico de influencias, da talla de Radiohead, Massive Attack, Portishead, Najwa ou La do Rey, entre outros.
A través de melodías de piano cheas de encanto, as emotivas voces que contrarrestan ao groso dos baixos, beats e sons electrónicos. Allova fíxose un nome, polo que é imposible ignoralo. O seu directo potente levou á banda para tocar en numerosos espectáculos en Galicia e Madrid, incluíndo Festival Ribeira Sacra 17º, Festival da Luz, Vibra Mahou Fest, Fanzine Fest entre outros, e recibindo o apoio de medios e marcas importantes para dar os directos a nivel nacional.
Allova acaba de publicar o seu primeiro álbum auto editado Hope & Despair. O traballo recibiu boas críticas e recensións na prensa. A produción do álbum contou cun respaldo de Concello da Coruña.