Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

Alberto

Alberto Montero

Alberto Montero

A cabalo entre o folk e os sons cálidos e psicodélicos chegará ó escenario de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 Alberto Montero. O artista, nacido en Porto de Sagunto, ofrecerá o seu concerto o próximo 21 de agosto conformando un dos pratos fortes da programación do festival.

O artista iniciou a súa andadura musical no ano 2000 no grupo Shake cos que gravou o seu primeiro álbum Let Me Wear the Morning Sun (Greyhead, 2005). A raíz desta primeira experiencia, xurdiu a oportunidade de gravar un disco en solitario. Foi entón cando Alberto Montero recompilou temas anteriores e algunhas novas composicións para adaptalas a un son homoxéneo. Deste traballo xurdiu Alberto Montero (Greyhead, 2008). Á súa traxectoria musical hai que engadir tres discos máis: Claroscuro (Greyhead, 2011); Puerto Príncipe (BCore, 2013), e Arco Mediterráneo (BCore, 2015).

Ó longo dos anos Alberto Montero acostumounos a discos delicados, con moita narrativa, ás veces introspectivos, outras veces máis ficcionados. Ás veces tanxibles, outras veces acércanos a páramos irreais. Pero si algo aprendemos a través da súa traxectoria, é que Alberto Montero móvese con sixilo e elegancia entre as cancións, como se estivera elaborando un diario de viaxe, unha antoloxía de emocións, onde cada disco supón unha nova mirada á realidade e ó seu entorno máis inmediato, pero tamén a todo aquelo que se escapa ó noso poder de decisión.

Cos seus traballos anteriores como base e cas experiencias vividas durante o último ano, chega o sexto disco de Alberto Montero, O Desencanto (BCore, 2020). Neste novo álbum pódese ver unha clara progresión ata un estilo pop e moi remendado para os amantes do pop- folk ou de proxectos como Pablo UndDestruktion, Joaquín Pascual Lidia Damunt ou El Hijo.

O Desencanto encarna unha continuación da estética musical que Alberto Montero presentaba en anteriores discos, pero no que conta historias próximas a todos nos, de aquelas que interiorizas e que calan. Iso si, esta vez imos encontrar unha faceta moito máis determinante de Alberto Montero, unha versión máis sincera e máis exposta se cabe. Outra xoia máis para a súa colección de discos. Ven a descubrilo a Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22!