Saltar ao contido

GO!GO!ZO!

LOGO acasadorock

A CASA DO ROCK

A CASA DO ROCK

Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 aposta claramente polas novas promesas da música. Por iso, A Casa do Rock contará con varias sesións durante este verán, tanto organizando a macroactuación de rock do 9 de xullo como ofrecendo os seus completos Combos en setembro.

A Casa do Rock é unha empresa de formación e produción musicalDispoñen dunha escola de música moderna especializada en música rock, un estudo de gravación, tenda de instrumentos musicais e selo discográfico, unha formación de profesores para concertos didácticos e organizan eventos musicais. Naceu co obxectivo de ofrecer unha formación de calidade e os servizos necesarios para axudar ós músicos afeccionados, a labrarse unha carreira no mundo da música. A súa filosofía principal é que se pode aprender sen deixar de disfrutar da música.

Pola súa banda, as clases de Combo favorecen a aprendizaxe directamente relacionada co traballo do músico en contextos grupais. Ademais dos coñecementos técnicos de base, anímase ao alumnado para actuar como acompañante ou solista, favorecendo a interacción con outros músicos e a comprensión global do instrumento e da música. Precisamente estas novas promesas serán as que protagonicen as xornadas do 17 e 18 de setembro.

X